top of page
redes_sociales-peq-05-08.png
redes_sociales-peq-05-07.png
multiperspctivas

TELMA E LOLA | Teatro de Ningures

TEATRO

zona inferior
icono gris-24.png
icono gris-29.png

SALA

icono gris-27.png

+12

icono gris-26.png

75'

Hai vinte anos, Lola e Rosalía marcharon da vila sen motivo aparente. Agora, Lola está de volta para unha viaxe de puro trámite: baleirar a casa familiar, vendela e volver canto antes a Tenerife, evitando reencontros incómodos co pasado.
Pero o destino ten outros plans. Telma, a entusiasta axente inmobiliaria encargada da venta, idolatra a Lola e a Rosalía por seren a primeira parella lesbiana do lugar. Determinada a triunfar como creadora de contidos, Telma atopa na viaxe de Lola a historia perfecta para o seu novo podcast.
Aínda que Lola tenta frear a súa curiosidade, Telma decide investigar pola súa conta... sen saber que está a piques de destapar un segredo enterrado durante vinte anos.
Un corpo sen vida, especulación inmobiliaria, activismo ecoloxista, lesbofobia e un crime do pasado. Un misterio a piques de ser revelado... en formato podcast.

​​

ESTREA: 15 de outubro de 2026 - FITO, Teatro Principal de Ourense

​

​

​​

Autoría: Daniel D. García e Sandra Lesta

Dirección: Salvador del Río

Intérpretes: Casilda Alfaro, Iria Piñeiro, Mónica Camaño e Fran Paredes 
Deseño Escenografía: Pablo Giraldez, “O PASTOR”
Deseño Vestiario: Soñia Rúa
Espazo Sonoro: Héctor Pazos
Deseño Iluminación: Héctor Pazos e Salvador del Río

Asistencia coreográfica: Raquel Ferradás
Deseño Gráfico e vídeo: Diego Seixo

bottom of page