top of page
DA MAN WEB ENG.png
frio

Resolución 2026

Chechu Riquelme é a artista emerxente en danza seleccionada para o programa

DA MAN 2026 co seu proxecto "Na outra banda"

Da Man 2026

Da Man é un proxecto de AMARELO que conta co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais a través do Centro Coreográfico Galego para o acompañamento de artistas emerxentes en danza seleccionadas mediante convocatoria.

 

As artistas son acompañadas durante o proceso de creación dunha peza ou do desenvolvemento dun proxecto de compañía a través de titorías de contido administrativo, loxístico, artístico, financieiro e de calquera outra temática que o proceso en concreto requira. Durante este acompañamento se lle trasladan os coñecementos e informacións necesarias para realizar unha produción profesional, búsqueda de residencias e recursos económicos, venda e distribución do espectáculo, redes e circuitos e contactos, etc.

 

Os obxectivos son: 

-impulsar a novas artistas en danza.

-promover a creación de canteira e de linguaxes propias.

-dinamizar o mercado local, nacional e internacional.

A convocatoria 2026

Que buscamos?

Un proxecto de danza de artista/s emerxente/s galega/s ou residentes en Galicia.

 

Artistas que, sen importar a súa idade, xénero, nin datos biométricos, non teñan creados máis de 3 espectáculos integrados en circuitos/programacións profesionais e queiran iniciar o proceso de creación dunha nova peza de danza, impulsar a sú compañía ou outro tipo de proxecto arredor da danza.

  

Que ofrecemos?

1- Un acompañamento 360: facemos un acompañamento en todo o proceso de xestión de compañía, de produción e creación, plan de distribución e calquera outra etapa que contemplen os plans das creadoras.

2- Unha bolsa económica de 1.000€ (impostos incluidos) para apoiar o proxecto

3- A inclusión da peza no catálogo de Amarelo, no caso dunha nova produción.

Que pedimos?

3 documentos en pdf:

1- Carta de motivación. Máximo 1 páxina.

2- Proxecto no que se mostren as claves da nova creación ou do proxecto (tipolocía, formato, equipo, calendario previsto, e todos os datos que se consideren relevantes).  Máximo 3 páxinas

3- CV con links a traballos anteriores (si os hai). Máximo 2 páxinas.

 

Onde e cando?

Prazo de recepción de solicitudes: Ata o 14 de novembro de 2025. Envía a documentación a lilian@amarelo.es co asunto Da Man.

O día 24 de novembro de 2025 publicarase a resolución en redes e web. 

Resolución 2025

Carlota Rosón Rojo e Martín Blanco da Compañía SÖA son as artistas emerxentes en danza seleccionadas para o programa

DA MAN 2025 co seu proxecto "Coa cabeza nas nubes"

 

Resolución 2024

Raquel Ferradás co seu proxecto "Mesura" e Arasdesuelo (Isa Salas e María Peláez) co seu proxecto "Todo esto para nada" son as artistas emerxentes en danza seleccionadas para o programa DA MAN 2024

Quesomos

Lilian Portela é a directora de Amarelo

Lilian Portela inicia o seu camiño nas artes escénicas no ano 2011, traballando en produción, distribución e xestión para distintas compañías de danza, teatro e música.

Amarelo nace en outubro de 2022 como distribuidora de espectáculos de danza e teatro. A partir de finais de 2023, na súa liña de apoio a artistas emerxentes, inicia o camiño da produción de espectáculos de danza para espazos non convencionais e público familiar.

Co foco na danza e as novas linguaxes, en Amarelo traballamos para facer chegar ao público espectáculos frescos, atractivos e de calidade.

www.amarelo.es

Axencia Galega das Industrias Culturais. Da Man é un proxecto patrocinado pola Axencia Galega das Industrias Culturais a través do Centro Coreográfico Galego.

https://industriasculturais.xunta.gal/

CONVOCATORIA 2026 ARREGLADO~2.jpg
bottom of page