top of page
redes_sociales-peq-05-08.png
redes_sociales-peq-05-07.png
oru

TÁNGUELA | Myriam González

DANZA  CONTEMPORÁNEA

zona inferior
icono gris-24.png
icono gris-29.png

RÚA

icono gris-27.png

TP

icono gris-26.png

15'

TÁNGUELA é unha peza de danza que explora a beleza dentro do roto. Un corpo que, ao deformarse, non encaixa nos patróns establecidos convértese no territorio dunha loita íntima: controlar o incontrolable, ordenar o que se escapa, buscar beleza nunha anatomía que se escapa do estándar nun intento desesperado de atopar o seu lugar. A peza indaga na tensión entre o descontrol e a necesidade de orde. Un espazo de doma do seu propio corpo. Perténzolle realmente a este lugar? A este corpo? A este estándar?


TÁNGUELA formula unha pregunta esencial: como atopar beleza e identidade nun corpo que insiste en escorregar fóra das normas, fóra do normativo, fóra do esperado. Un corpo que, aínda roto e alienado, continúa buscando un lugar onde encaixar.

Dirección, coreografía e interpretación: Myriam González

Asistencia de dirección: Julia Laport

Espazo sonoro: Genosidra

Vestiario: Elise Abella

bottom of page