BULEVAR PAPAGAIO | A Feroz
TEATRO



65'
+14
SALA
BULEVAR PAPAGAIO parte do libro de poemas de Luisa Villalta con fotografías de Maribel Longueira: Papagaio.
A peza fala de explotación e especulación, do comercio dos corpos e do chan urbanizable. Fala do patriarcado nas súas tres vetas principais: os cartos, o poder e o sexo.
Con moita ironía e un un tono mordaz e humorístico, a compañía A Feroz leva a escena a explotación sexual e a violencia cara as mulleres, a especulación inmobiliaria e a usurpación dos barrios populares das nosas cidades.
ESTREA 20 de outubro 2024 no FITO (Festival Internacional de Teatro de Ourense)
Intérpretes: Lorena Conde, Gustavo Freire, Inés Salvado Gontad, Bea Romero.
Texto e dirección: Lorena Conde
Música e espazo sonoro: Manuel Abraldes
Iluminación: Jose Faro "Coti"
Asesoría histórica: María Elvira Lezcano González (Mavi)