O BUSCADOR DE ILLAS | Teatro de
Ningures
TEATRO DE RÚA ITINERANTE
Espectáculo de rúa itinerante, onde tres personaxes levan un barco a vela nunha viaxe sen destino claro.
Un único tripulante na búsqueda das illas que están asulagándose por causa da subida do nivel do mar, sen que ninguén se percate, sen que ninguén faga nada por evitalo.
Xacio anda na procura das illas nunha viaxe post-iniciática, na madurez, alguén que deixa todo atrás para intentar unha nova misión, utópica, e probablemente condenada ao fracaso. Dúas presenzas irreais o acompañan adoptando diferentes roles durante o percorrido.
Serán as tartarugas que buscan esa illa para desovar e que xa non existe, ou as aves que non teñen unha parada nas súas migracións, ou os arroaces que quedan presos nunha rede á deriva, ou calquera preso pola basura e o plástico que anda á deriva. Serán os que lle axuden nas tormentas aínda que tamén quen as provoquen.
ESTREA: 21 de xuño de 2026
Intérpretes: Lois Soaxe, Carlota Rosón Rojo e Martín Blanco
Dirección: Salvador del Río
Deseño de escenografía: Pabló Giráldez, “O PASTOR”
Deseño de vestiario: Sonia Rúa
Espazo sonoro: Héctor Pazos
Deseño gráfico e vídeo: Diego Seixo





