O ARCÓN DE NOA | Amarelo Cía.
DANZA PARA PÚBLICO FAMILIAR
Noa é unha nena que vive coa súa nai nunha casa apartada, e non ten con quen xogar. No seu arcón garda os xoguetes que xa non a entreteñen. Todo parece vello e apagado no seu mundo solitario.
Pero un día, sen decatarse, activa un encantamento e entra no mundo máxico que habita no arcón, onde os xoguetes cobran vida e un ser misterioso goberna sobre eles.
A través da linguaxe da danza contemporánea, a utilización de obxectos e a interacción co dispositivo escénico, o espectáculo mostra múltiples situacións e personaxes guiados por unha narración clásica de conto de maxia e fantasía.
ESTREA 26 de outubro de 2025 - Auditorio Municipal de Vigo
Idea orixinal: Lilian Portela
Dirección: Carlota Rosón Rojo e Martín Blanco
Interpretación: Raquel Ferradás, Carlota Rosón Rojo, Martín Blanco
Dramaturxia e coreografía: Carlota Rosón Rojo, Martín Blanco, Raquel Ferradás e Lilian Portela
Asesoramento escénico: María Escobar
Voz en off: Iria Álvarez Leirós
Iluminación: Nacho Martín
Música orixinal: Bruno Baw
Espazo escénico: Eva Antelo
Vestiario: Noelia Picadizo
Confección de atrezzo: EVD Galicia
Colaboran: Media Punta, Concello de Vigo, Concello de Mos
Cartel: Lúa Gándara
Foto e vídeo: Diego Seixo















