top of page
redes_sociales-peq-05-08.png
redes_sociales-peq-05-07.png
fotografar

MINOR INTER PARTES | Teatro Ensalle

PERFORMANCE, DANZA-TEATRO

zona inferior
icono gris-24.png
icono gris-29.png

SALA

icono gris-27.png

+12

icono gris-26.png

75'

Minor inter partes é a segunda parte da triloxía que se iniciou con Baleiro e, en certo xeito, sucede despois. Baleirados os símbolos e os seus significados, baleirados os discursos e os relatos o público acompañará a Ensalle e Juan Navarro á “trastenda” daquel estudio cutre de televisión, ao backstage daquel “reality fake”. 

 

E que queda despois dese baleirado? Pois, seguramente, un oco, un buraco que é unha invitación. 

 

Nesta peza o baleiro non se expón, compártese. 

 

O buraco que deixa o baleiro será o primeiro elemento deste novo mundo e reuniranos como unha fogueira, como un oasis. Non hai creadores e público, hai habitantes no baleiro dando a benvida aos seus novos veciños. Imos compartir os costumes, a linguaxe, os ritos, as celebracións e os exercicios 
matutinos que se desenvolven neste lugar ao virar a esquina. 

 

Minor inter partes é un fogar que non existe máis que na nosa imaxinación e nos nosos corpos e teremos que construílo xuntos. Invitámosvos a que 
formedes parte da fundación deste re-mundo deste re-xurdir. 

 

En Minor inter partes queremos felicitarvos de antemán pola ousadía de vir. 

 

Cando foi o teu último desprendemento? 

En escena, creación y textos: Juan Navarro, Raquel Hernández, Artús Rei y Pedro Fresneda.

Dirección y dramaturgia: Pedro Fresneda y Juan Navarro.

Espacio escénico y vestuario: Ensalle.

Diseño de iluminación: Pedro Fresneda y Jaume Blai.

Espacio sonoro: Juan Navarro.

Colaboración musical: Gabriel Celester.

Creación audiovisual: Pedro Fresneda.

Ayudantía creación y Diseño de dossier: Alzan Miranda.

Fotografía: Elena Vázquez Ledo.

Diseño Web: Artús Rei.

Producción: Jorge Rúa.

Diseño gráfico: Raquel Hernández.

Coaching: Ultharino Fuentes.

Con el apoyo de AGADIC, XUNTA DE GALICIA

bottom of page