top of page
redes_sociales-peq-05-08.png
redes_sociales-peq-05-07.png
extender

ESTENDER COMO SE POIDERA | Julia Laport

DANZA URBANA · CONTEMPORÁNEA

icono gris-24.png
icono gris-29.png

RÚA

icono gris-27.png

+8

icono gris-26.png

15'

Desfacer os límites, borrar as esquinas e vivir na ilusión do ilimitado

 

Julia Laport busca explorar dende unha perspectiva persoal, cómo converxen a ilusión, os límites e o corpo. Baseando a investigación na perspectiva psicoanalítica da fantasía e dos límites, esta proposta busca abrir preguntas que o corpo poida responder. Poñer o corpo no borde. Poñerse no borde do corpo, na capa máis externa anterior ao outro; e entender dende aí cómo os límites concretan o mundo á vez que imposibilitan a expansión.

Utiliza a precisión das técnicas do Vogue e o Popping e o contraste coa fluidez do Waacking e a danza contemporánea para explorar os límites e a ilusión. Explorar o non sabido, o non dito, o que non foi limitado, para explorar o desexo na súa razón pre-sensible. O movemento en puro devir

Dirección e interpretación: Julia Laport

Asistencia dramaturxia: Igor Teo

bottom of page