ESTUARIO | Amarelo & Nacho Martín
INTERDISCIPLINAR: TEATRO-DANZA-CIRCO
Tres personaxes están nunha parada de bus e pasan os días facendo sempre o mesmo: un tenta chegar sempre máis alto sen conseguilo, outra vai enredada nunha corda da que non é quen de soltarse e a terceira pasa o seu tempo ordenando obsesivamente o espazo para que todo estea arranxado por se chega alguén.
Entre discusións, xogos de poder, coidados e alianzas cambiantes, os tres transforman este lugar de paso nun pequeno fogar improvisado.
ESTUARIO fala do difícil que resulta soltar aquilo que nos pesa e de como, incluso nos lugares máis inesperados, pode crearse comunidade.
ESTREA: 9 de outubro de 2026
Texto: María Lado
Intérpretes: Uxía Algarra, Raquel Crespo, Mario Rodríguez
Direción de intérpretes: Nacho Martín
Direción de movemento: Julia Laport
Música: Manuel Fonte
Iluminación: Sara García
Escenografía: Eva Antelo
Vestiario: Raquel Crespo
Dirección de produción: Lilian Portela





