DIVERTIMENTO | Fredi Muíño (N+1)
CLOWN - TEATRO XESTUAL - DANZA
Espectáculo sn palabras no que a música de Mozart condúcenos en clave de clown polas relacións humanas.
Un cuarteto de cordas acepta un novo membro para unha representación sen saber que o invitado non posúe as mesmas cualidades e calidades como intérprete.
O que nun principio provoca rexeitamento e xuizo de cara o novo compoñente, muda en empatía e transixencia, acompañándoo nas suas penurias para que a relación evolúa cara a tolerancia e a aceptación, favorecendo a comunicación e xerando unha nova harmonía, que lles permitirá rir dos protocolos arcaicos e da aparente excelencia que rodea á música clásica.
Intépretes: Fredi Muíños, María José Pámpano, Jorge Montes, Roberto Santamarina, Carlos García
Direción: Fredi Muíños
Iluminación: Afonso Castro
Espazo sonoro: Cuarteto Alicerce (María José Pámpano, Jorge Montes, Roberto Santamarina, Carlos García)
Vestiario: Alicerce e N+1









