top of page
redes_sociales-peq-05-08.png
redes_sociales-peq-05-07.png
fotografar

O BUSCADOR DE ILLAS | Teatro de
Ningures

TEATRO DE RÚA 

zona inferior
icono gris-24.png
icono gris-29.png

RÚA

icono gris-27.png

+3

icono gris-26.png

50'

Espectáculo de rúa en movemento, onde tres personaxes levan un barco a vela nunha viaxe sen destino claro. 

​

Un único tripulante na búsqueda das illas que están asulagándose por causa da subida do nivel do mar, sen que ninguén se percate, sen que ninguén faga nada por evitalo.

​

Xacio anda na procura das illas nunha viaxe post-iniciática, na madurez, alguén que deixa todo atrás para intentar unha nova misión, utópica, e probablemente condenada ao fracaso. Dúas presenzas irreais o acompañan adoptando diferentes roles durante o percorrido.

​

Serán as tartarugas que buscan esa illa para desovar e que xa non existe, ou as aves que non teñen unha parada nas súas migracións, ou os arroaces que quedan presos nunha rede á deriva, ou calquera preso pola basura e o plástico que anda á deriva. Serán os que lle axuden nas tormentas aínda que tamén quen as provoquen.

​

ESTREA: 21 de xuño de 2026

​Intérpretes: Lois Soaxe, Carlota Rosón Rojo e Martín Blanco

Dirección: Salvador del Río
Deseño de escenografía: Pabló Giráldez, “O PASTOR”
Deseño de vestiario: Sonia Rúa
Espazo sonoro: Héctor Pazos
Deseño gráfico e vídeo: Diego Seixo

bottom of page