O ARCÓN DE NOA | Amarelo Cía.
DANZA PARA PÚBLICO FAMILIAR
E se, ao abrir un baúl de xoguetes, atopases todo un mundo no seu interior?
Iso é o que lle sucede a Noa. Sen sabelo, entra nun universo máxico onde os seus xoguetes cobran vida. Pero ese mundo ten unha raíña —Xana— e, para ela, Noa é unha intrusa. O enfrontamento entre ambas deriva en consecuencias que ningunha das dúas esperaba.
O arcón de Noa é un espectáculo de danza para toda a familia que explora os retos de chegar a un lugar ao que non pertences, de aprender a convivir con quen é diferente e de descubrir que, xuntas, podemos chegar máis lonxe.
A través da linguaxe da danza contemporánea, o uso de obxectos e a interacción co dispositivo escénico, o espectáculo reflexiona sobre os vínculos, a comunidade e o territorio.
ESTREA 26 de outubro de 2025 - Auditorio Municipal de Vigo
Idea orixinal: Lilian Portela
Dirección: Carlota Rosón Rojo e Martín Blanco
Interpretación: Raquel Ferradás, Carlota Rosón Rojo, Martín Blanco
Dramaturxia e coreografía: Carlota Rosón Rojo, Martín Blanco, Raquel Ferradás e Lilian Portela
Asesoramento escénico: María Escobar
Voz en off: Iria Álvarez Leirós
Iluminación: Nacho Martín
Música orixinal: Bruno Baw, Manuel Fonte
Espazo escénico: Eva Antelo
Vestiario: Noelia Picadizo
Confección de atrezzo: EVD Galicia
Colaboran: Media Punta, Concello de Vigo, Concello de Mos
Cartel: Lúa Gándara
Foto e vídeo: Diego Seixo















