top of page
redes_sociales-peq-05-08.png
redes_sociales-peq-05-07.png
fotografar

BALEIRO | Teatro Ensalle

PERFORMANCE, DANZA-TEATRO

icono gris-24.png
icono gris-29.png

SALA

icono gris-27.png

+12

icono gris-26.png

70'

zona inferior

En Baleiro, a escena xa non representa: copia, muta e degrádase. E nin sequera faino con vocación artística, senon coa desesperación de quen, ante o colapso do sentido, decide imitar o que hai — aínda que o que haxa sexa un selfie en loop, un karaoke emocional ou un plató con luces de Chroma Key caseiro.

 

A peza desprégase como un catálogo de accións que semellan inspiradas en imaxes arqueolóxicas da vida contemporánea, pero que só o son na medida en que Instagram ou calquera outra plataforma o permiten. A palabra baleirada, a emoción prefabricada, o pensamento reducido a spot. Non hai mensaxe, pero si moita comunicación. Aquí o eu mutou en presentador, influencer, terapeuta de si mesmo, verborrea infinita ata o amencer. O mundo derrúbase e nós facendo playback.

 

Nun espazo escénico onde todo lembra ó timeline televisivo, Baleiro expón un paseo -máis que unha narrativa- por esa paisaxe emocional plana onde a intensidade é a norma incandescente e o desconcerto, a política de uso cotián. Non é unha crítica: é un espello embazado que devolve unha imaxe borrosa da actualidade, pero tamén familiar e próxima.

Creación: Juan Navarro, Raquel Hernández, Artús Rei y Pedro Fresneda

Direción e dramaturxia: Pedro Fresneda, Juan Navarro

En escena: Raquel Hernández, Artús Rei y Elon Baleiro

Texto: Pedro Fresneda, Juan Navarro

Voz en off: Nuria Lloansi

Espazo escénico: Ensalle

Deseño de iluminación: Pedro Fresneda y Jaume Blai

Construción boneco: Gabriel Celester, Eva Alfonso e Pedro Fresneda

Construción máscaras: Eva Alfonso

Deseño de vestiario: Ensalle

Espazo sonoro: Juan Navarro

Vídeo: Pedro Fresneda

Fotografía: María Costa, Elena Vázquez Ledo

Deseño Web: Artús Rei

Produción: Jorge Rúa

Deseño gráfico: Raquel Hernández

Coa colaboración de “La gineta” (Ana Buitrago) Espacio de Residencias

Co apoio de AGADIC, XUNTA DE GALICIA

bottom of page