AURORA BOREAL | Paula Quintas
DANZA CONTEMPORÁNEA
Aurora Boreal, é unha peza de danza contemporánea de sala que convida á contemplación e á reflexión sobre a fugacidade da vida e a súa conxelación, fronte a unha sociedade de consumo fugaz. Partindo dunha estética nórdica e unha forte inspiración nas luminosidades fugaces das xeografías do norte, explora tamén a velocidade e a serenidade do efémero.
Aurora Boreal non só é unha obra de danza contemporánea, senón un convite a experimentar a beleza do tránsito da vida e da natureza.
Un espazo para a reflexión, a paciencia e a admiración.
ESTREA 28 de marzo de 2025
Dirección: Rut Balbís
Asesoria de movemento: Tanit Cobas
Interpretación: Paula Quintas
Vestiario: Jandro Villa
Iluminación: Octavio Mas
Composición musical: Macarena Montesinos e Nacho Muñoz
Composición audiovisual: Carla Andrade
Asesoría artística: Manu Lago- Galicia Danza Contemporánea.
Foto: Alberte Peiteavel e Miramemira
Audiovisual: Miramemira
Deseño gráfico: Eva Díaz