ANÖA | Elvi Balboa
DANZA CONTEMPORÁNEA
ANÖA é unha viaxe efémera e acumulativa onde involucrar o corpo para producir unha experiencia emocional e sensorial.
Un acto de insistencia e resistencia, unha acumulación de enerxía para chegar a unha liberación catártica e emocional.
Esta viaxe contémplase como un ritual que ten a vontade de mostrar a máscara, a vulnerabilidade...
5 corpos en movemento que anhelan chegar ao climax …
Estrea 19 Abril 2024 · TRC Danza A Coruña
Concepto e movemento: Elvi Balboa
Iluminación: Andrés Galián
Intérpretes: Marina Capel, Berta Pascual, Joel Pradas, Joan Aguilà e Lucía Bocanegra
Espazo sonoro: Mourae
Acompañamento: Diego M. Buceta e Raquel Klein
Coprodución: Xunta de Galicia a través do CCG Centro Coreográfico Galego
Residencia de investigación: Institut del teatre