top of page
redes_sociales-peq-05-08.png
redes_sociales-peq-05-07.png
Intempestiva

A MIÑA VIDA ESTÁ ARRUINADA | Elahood

DANZA URBANA · CONTEMPORÁNEA

icono gris-24.png
icono gris-29.png

RÚA

icono gris-27.png

+5

icono gris-26.png

17'

Este espectáculo, co ton irónico que caracteriza ás creaciones de Elahood, explora os medos arredor do fracaso e a adultez. As artistas, recén entradas nos seus 30, fan un exercicio de derrota intencional ante as esixencias de éxito e estabilidade. 

 

Dentro deste marco conceptual, a compañía Elahood profundiza nunha das súas especialidades do movemento, o Waacking. Un movemento sociocultural centrado na expresión libre e a celebración das diversidades identitarias e afectivo-sexuais. Este estilo, moi caracterizado pola precisión e expresividade a través da música, permítelles entregarse ao derrotismo.  Así, investigan os límites do ridículo, deformando o significado do fracaso nun espectáculo dinámico e irreverente.

ESTREA 2025

Creación e coreografía: Elahood

Dirección e interpretación: Sabela Domínguez e Julia Laport

Espazo sonoro: Mondra

Foto: Iria Casal

bottom of page