77.000 | Colectivo DeXeito
DANZA CONTEMPORÁNEA
77.000 fai referencia ao número de toneladas vertidas polo petroleiro Prestige nas costas galegas no ano 2002. Con esta peza contamos a historia a través da danza, creando a nosa propia representación do suceso, as consecuencias e o movemiento. Tamén convidamos ao público a reflexionar sobre a fraxilidade do noso medio ambente e a importancia da acción colectiva en situacións de emerxencia.
Retratamos a realidade do pobo galego e conmemoramos a todas
esas persoas que axudaron á costa galega ante o chapapote.
Premio á mellor peza en Diálogos Contemporáneos do Festival DZM de Cáceres 2024
Dirección e coreografía: Pablo Vázquez e Saray Amorín
Intérpretes: Pablo Vázquez e Saray Amorín
Música: Y.O.M., BounceBiomehanika, Gustavo Santaolalla
Residencia: Real Conservatorio Profesional de Danza Mariemma
Asistente de coreografía: Laura Conchuela
Realización de vídeo promocional: Ángel Garcés
Fotografía: Laura Conchuela, Elías Aguirre, Nicolás Yazigi