top of page
redes_sociales-peq-05-08.png
redes_sociales-peq-05-07.png
A raíz de

TRANSEÚNTE | Daniel Rodríguez

DANZA TRADICIONAL · CONTEMPORÁNEA

zona inferior
icono gris-24.png
icono gris-29.png
icono gris-27.png
icono gris-26.png

50'

+12

SALA

Transeúnte” nace da man da tradición galega, a través da mistura do canto, a música e o baile tradicional para dar un paso adiante na búsqueda dun diálogo interxeracional, achegando e integrando as linguaxes propias da xeración actual. 

 

Neste espectáculo créase unha simbiose entre dúas linguaxes e os seus contextos, achegando o pasado ao presente e as tradicións á actualidade da nosa xuventude. En Transeúnte apostamos polo vínculo entre a danza contemporánea e a danza de raíz establecendo así un diálogo entre xeracións.

 

Transeúnte conta con 4 bailaríns e 2 músicos en directo, buscando romper a barreira entre intérpretes e banda de música facendo que todos participen do movemento en escena, microfonando todos os corpos para xerar o espazo sonoro, usando ferramentas actuais como o autotune e modificando ritmos tradicionais facendo que, por exemplo, A Rianxeira sone ao ritmo do funk brasileiro. 

Dirección ecoreografía: Daniel Rodríguez

Asistencia de dirección: Arnau Pérez

Bailan: Javier de la Asunción, Laura García, Andrea Pérez e Daniel Rodríguez

Música en escena: Aida Tarrío (Tanxugueiras) e Artur Puga (Mondra)

Voz: Aida Tarrío e intérpretes

Deseño iluminación: Mauricio Pérez

Vestiario: Sheila Pérez

Produción musical: Javier Carreño e Acacia Ojea 

Co-producen: Daniel Rodríguez,  Concello de Porriño, AMARELO Distribución Escénica, Xunta de Galicia a través do Centro Coreográfico Galego

Colaboran: Centro Coreográfico Canal, A Casa Vella

bottom of page